skip to main |
skip to sidebar
17 de maio, anotade esa data si queredes pasar un día de festa rodeados de música, baile, boa comida e bebida, artesanía e moitas e variadas actividades.
Romaría Etnográfica Raigame en Vilanova Dos Infantes.
Alí estaremos nos cos nosos instrumentos de percusión.
Vinde visitarnos!!
http://www.romariaraigame.es/index.php?option=com_frontpage&Itemid=1
Estou vendo esta foto e pensando en porlle un nome a esta pandeireta.....pero cun pouco de imaxinación...... poderían ser distintas cousas.... o principio pensei en flores pero agora ocurrenseme outras cousas, que vos parece a vos?... vou deixar a entrada sen título por si alghén ten unha idea divertida.
Marchou un bombo para Arcade.
A bailar Miúdos!!! e petarlle forte no bombo!!
Este é o úlltimo parto, un bombiño pequeno de 40cm de diametro, en madeira de piñeiro e tinguido en azul e amarelo.
Un ano máis disfrutamos da festa da reconquista, este ano con sol, moitas grazas a todolos amigos e amigas que pasaron polo noso posto onde compartimos música, baile, risas, bebida, comidas e seguro que algo máis. Vemonos na próxima festiña. Bicos
Isto é parte do material que estamos preparando para a festa da reconquista en Vigo, será o fin de semana do 31 de marzo, así que reservada esa data para daros unha voltiña pola festa e visitar o noso posto que serguro podemos tocar, cantar e bailar unhas peciñas.
Estes reis enviamos un tambor para Manzaneda. A foto é un pouco pobre porque fixemola co movil no último momento, pero o tambor quedou moi resultón. Como leva o nome de Sabela en vermello puxemoslle os prensores facendo xogo. Que vos parece?
